Simplificar ou desprotexer? Novos pasos cara a lei de administración ambiental simplificada da Xunta

|

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou que o Consello acordou someter a trámite de audiencia e de información pública o anteproxecto da Lei de Administración ambiental simplificada de Galicia, untexto co que aspira a actualizar e unificar o marco normativo vixente na Comunidade e avanzar na simplificación dos distintos trámites aos que se deben someter aquelas actividades e proxectos que poidan causar un impacto potencial sobre a contorna.

"O obxectivo é evitar duplicidades e eliminar certos trámites para axilizar o proceso conservando todas as garantías de que cumpren coa protección do medio ambiente", destacou en rolda de prensa. Tal e como trasladou a Xunta nunha nota de prensa, a futura norma pretende reforzar a seguridade xurídica que piden tanto os promotores de iniciativas económicas suxeitas a avaliación ambiental como as propias administracións encargadas de aplicala, á vez que se axiliza a súa tramitación con plenas garantías pero evitando solapamentos e duplicidades.

PRAZOS

Para impulsar a súa tramitación, o anteproxecto lexislativo someterase a información pública e audiencia durante o prazo dun mes, concretamente de 29 de outubro a 29 de novembro. Neste período, o texto estará dispoñible no Portal de transparencia para que calqueira interesado poida presentar as súas achegas e alegacións, que serán analizadas despois pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático co obxectivo de enriquecer o documento inicial e poder remitilo ao Parlamento xa como proxecto de lei no primeiro trimestre do próximo ano.

Así, a Xunta recalcou que o impulso desta norma nace ante a dispersión das regulacións autonómicas sobre ordenación e avaliación ambiental xurdidas en resposta á rápida evolución que sufriu o dereito ambiental nas últimas décadas, así como da experiencia adquirida desde a aprobación en 1995 da Lei de protección ambiental de Galicia. Todo isto, engadiu, fixo recomendable revisar o marco normativo da protección ambiental a nivel autonómico e substituílo por unha nova lei que sistematice, actualice e integre os distintos instrumentos de prevención e control da contaminación das actividades económicas que pola súa propia natureza poden incidir no ambiente e que o faga de acordo cos novos retos sociais e climáticos e co marco regulatorio comunitario e estatal vixentes.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.