Os transportistas galegos estoupan contra ENCE: "Baixa prezos e quere que asumamos os custos de levar máis toneladas"

|

A Federación da CETM en Galicia, Fegatramer, acusa a ENCE de impor aos transportistas a obrigación de adaptar os seus vehículos para transportar as 44 toneladas --medida que acaba de entrar en vigor-- e baixar o prezo por tonelada un 8 % de media. Nun comunicado explican que a compañía comunicou ás empresas de transporte que lle prestan servizo esta obrigación, unha "imposición que tachan de "abusiva". Informan de que os transportistas suspenderon os seus servizos ante esta baixada das tarifas.

Ademais, consideran que é "vergoñento" que a compañía "se aproveite" da ampliación das masas máximas autorizadas para "obrigar" aos transportistas a baixar as súas tarifas, cando esta medida supón un incremento de custos para os transportistas, tanto pola adaptación dos vehículos como polo maior desgaste e consumo. "É inadmisible que estes sobrecustos sexan asumidos exclusivamente polo transportista, mentres ENCE benefíciase de recibir catro toneladas máis de mercadoría por viaxe", argumentan. Unha decisión que cualifican, ademais, de "indignante e prepotente", posto que o fan "sen negociación e en moitos casos mediante un simple correo electrónico".

Por iso, esixen a ENCE que rectifique "inmediatamente", asumindo os sobrecustos derivados do novo marco normativo e respectando a dignidade empresarial dos transportistas. "Os transportistas son un elo esencial, sen cuxo traballo as industrias non poderían funcionar, e advirte que non tolerarán que se repitan prácticas coercitivas como as que está a tentar impor ENCE", remarcan, lembrando o compromiso mostrado polos transportistas "mesmo en momentos en que a empresa atravesaba serias dificultades".

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.