Hoxe, luns 27 de outubro, comezazron os traballos para levantar na praia de Riazor a duna de area que protexerá o Paseo Marítimo dos posibles temporais costeiros da próxima temporada invernal.
O Concello da Coruña iniciou este luns os traballos para conformar a duna de area na praia de Riazor, unha actuación que realiza cada tempada de inverno co obxectivo de protexer o paseo marítimo fronte aos efectos dos temporais costeiros.
A intervención, que se prolongará ata o venres, consiste na creación dunha barreira natural mediante o movemento e modelado da area con maquinaria especializada.
Dúas máquinas bulldozder encárganse de amontoar a duna, que superará os dous metros de altura en determinados puntos da praia, segundo precisou a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, que supervisou os traballos.
Por outra banda, o consistorio comezou esta semana unha campaña divulgativa entre a cidadanía para que os veciños poidan resolver as súas dúbidas sobre a nova forma de separación e de recollida dos residuos urbanos.
Escribe tu comentario