A Xunta impulsa dous novos proxectos estratéxicos para reforzar a industria e a investigación en Galicia

|

A Xunta deu luz verde este luns a dous proxectos estratéxicos que combinan desenvolvemento tecnolóxico e transición industrial sostible: a construción do novo edificio do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e a planta de fabricación de carbón vexetal que Xallas Electricidade e Aleacións (Xeal) promoverá en Dumbría.


O Cesga, cun investimento global de 56 millóns de euros, será o primeiro proxecto estratéxico de investigación pública en Galicia. A nova sede, situada na Sionlla (Santiago), albergará o supercomputador Finisterrae IV, sistemas de almacenamento avanzado e o primeiro computador cuántico do país, co obxectivo de situar Galicia á vangarda da supercomputación europea.


Pola súa parte, a planta de Xeal, declarada proxecto industrial estratéxico, suporá un investimento de 21,6 millóns e a creación de 30 empregos. Permitirá substituír 15.000 toneladas de carbón mineral por carbón vexetal, reducindo emisións e reforzando o compromiso coa economía baixa en carbono.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que ambos proxectos “representan o futuro produtivo e científico de Galicia”, fortalecendo tanto o tecido industrial como o sistema de investigación pública.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.