A CHMS reforza en Ourense os traballos para evitar turbidez nas captacións de auga

|


A Confederación Hidrográfica Miño Sil intensificou os labores de protección ambiental na provincia de Ourense tras os últimos incendios, co obxectivo de evitar que as cinzas afecten á calidade da auga e ás captacións municipais.O presidente do organismo, José Antonio Quiroga, explicou que doce brigadas traballan desde hai semanas instalando albarradas e fajinas, barreiras vexetais que reteñen os restos queimados e axudan a previr tapóns ou arrastres cara aos ríos.

As actuacións están a concentrarse en Valdeorras e noutras zonas de especial risco pola perda de vexetación e o arrastre de cinzas durante as choivas. Quiroga destacou que a CHMS está “a facer a súa parte” e lembrou que os incendios “non son responsabilidade dos ríos, senón do monte queimado”, que depende da Xunta. “A superficie é moita e seguimos avaliando a eficacia destas medidas naturais”, apuntou.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.