Estado dos pneumáticos e luces, a nova campaña da DGT e Garda Civil de Tráfico en Galicia

|

A DGT e a Garda Civil de Tráfico en Galicia activan desde este luns un Plan de Vixilancia Especial de pneumáticos e luces dos vehículos, todo iso coincidindo co cambio de hora estacional e co inicio do empeoramento das condicións meteorolóxicas.

Trátase dun plan que ten como obxectivo reforzar a mensaxe da necesidade de revisar o estado dos pneumáticos dos vehículos para garantir a adherencia, e das luces para ver e ser vistos polo resto de usuarios da vía. No caso das motocicletas e dos peóns, a Delegación do Goberno en Galicia subliñou nunha nota de prensa en que as luces e os pneumáticos son "especialmente relevantes" para estes dous colectivos.

Neste contexto, a DGT lembrou que no que vai de ano rexistráronse 10 peóns e 19 motoristas falecidos en accidentes de tráfico nas vías interurbanas de Galicia. Así, a Delegación indicou que a nivel nacional, aproximadamente máis dun millón dos vehículos, un 5%, circulan con defectos graves nas rodas, principalmente por levar unha profundidade do debuxo por baixo do mínimo legal de 1,6 mm; ter un desgaste irregular debido a unha mala suspensión ou unha aliñación incorrecta e circular cunha presión errónea.

Con todo, incidiu en que é obrigatorio utilizar a iluminación que reglamentariamente se estableza cando existan condicións meteorolóxicas ou ambientais que diminúan sensiblemente a visibilidade, como en caso de néboa, choiva intensa, nevada, nubes de fume ou de po "ou calquera outra circunstancia análoga".

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.