O Centro de Día de Buño continúa pechado tres anos despois de terminar as obras

|

O PSOE-PSdeG de Malpica denunciou que o Centro de Día situado na Casa do Oleiro en Buño segue sen abrir as súas portas a pesar de que as obras finalizaron en febreiro de 2022. Así, o portavoz socialista, Walter Pardo, lembrou que no mes de novembro de 2022 o alcalde, Eduardo Parga, anunciou na prensa que o servizo sería unha realidade a principios de 2023.

Segundo o representante socialista, "xa pasou o ano 2023, xa pasou o ano 2024 e na reunión de maiores de 2025 o señor Parga volvía dicir que tentaría abrilo en setembro, pero o centro de día segue sen abrir".

Tal e como subliñaron os socialistas nunha nota de prensa, durante o pleno ordinario de setembro preguntaron de novo pola data de apertura deste recurso asistencial, con todo, "o alcalde contestou que acababa de recibir os pregos de contratación para poder licitar o servizo e abrir o centro de día".

A partir desa resposta o PSOE cuestionou a xestión realizada durante este tempo porque, tal e como indicou Pardo, "o Concello ten plenas competencias e poder sobre o centro desde que se entregou a obra, en febreiro de 2022". Motivo polo que criticou que a instalación continúe pechada máis de tres anos despois.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.