Alerta no tural: a Xunta cancela desde o luns feiras, concursos e certames de gando pola dermatosis nodular contaxiosa

|

A Consellería do Medio Rural anunciou que a partir do luns cancélanse todas as feiras, certames, poxas, mercados e concentración de gando en Galicia para protexer aos animais fronte á dermatosis nodular contaxiosa (DNC).

Segundo informou o departamento autonómico, tamén quedará prohibida a entrada en Galicia de animais procedentes de explotacións situadas en zonas declaradas como restrinxidas a esta enfermidade. Con todo, os bovinos que cheguen a Galicia con destino a sacrificio poderán entrar na comunidade, sempre que sexan trasladados directamente aos matadoiros.

Esta medida preventiva entrará en vigor este luns cando sexa publicada a resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG) e terá unha vixencia de 21 días, que poderá prorrogarse en función da evolución epidemiolóxica da enfermidade. Así mesmo, segue activo o período de vixilancia veterinaria oficial de 21 días para todos os bovinos procedentes de explotacións de fóra de Galicia, con destino a vida, desde a data da súa incorporación a explotacións de destino á comunidade galega.

Todos os animes das granxas que incorporen bovinos doutras partes de España ou do estranxeiro estarán inmobilizadas de forma cautelar durante o mesmo tempo. Esta paralización afectará aos bovinos que estean na explotación en data de entrada dos novos animais.

Ademais, a Consellería do Medio Rural establece como obrigatoria desinsectar todos os bovinos que estean na explotación á que se incorporen estes animais, así como todos os vehículos de transporte de gando que realicen movementos de entrada a Galicia.

A Xunta avanzou que os Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería do Medio Rural farán todas as actuacións necesarias de inmovilización das explotacións sanitarias, vixilancia sanitaria, comprobación da correcta desinsectación, control das condicións de limpeza e desinsectación de vehículos. O departamento autonómico lanzou unha mensaxe de tranquilidade ao sector, xa que non hai constancia de ningún caso desta enfermidade en Galicia e tampouco se transmite ás persoas.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.