A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirma a sentenza da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra na que condenou a dous anos de cárcere a un home por abusar sexualmente dunha familiar en 2019, cando tiña dez anos.
Desta maneira, a sala desestima o recurso de apelación presentado pola defensa do investigado. En concreto, os maxistrados consideran probado que, no verán de 2019, a vítima estaba en casa do acusado e a súa muller, os seus tíos avós, en Baiona, cando este, aproveitando que estaban sós no seu despacho e "con ánimo de satisfacer o seu libido e atentar contra a liberdade sexual da menor", abusou dela.
Así, o TSXG destaca que "existe proba de cargo suficiente", á vez que afirma que a Audiencia Provincial realizou unha avaliación "racional" de todos os elementos ata confirmar a autoría do recorrente. A sentenza non é firme, xa que contra ela cabe presentar recurso ante o Tribunal Supremo.
Escribe tu comentario