O goberno municipal do Concello de Arzúa (BNG, A.A. e PSOE) mostraron o seu rexeitamento absoluto e a súa "profunda preocupación" polo acto vandálico labor contra a escultura de Juan Vidal, alcalde da localidade fusilado pola ditadura de Franco en 1936.
En concreto, a figura apareceu na xornada do domingo pintada cunha frase que di "Gobierno de rojos, época de piojos". Segundo o goberno local, trátase dun "ataque fascista en toda regra", "unha agresión contra o patrimonio colectivo e contra a memoria democrática que representa a figura de Juan Vidal e outras persoas que foron represaliadas pola ditadura franquista no municipio e que, segundo apunta, son "símbolo do compromiso coa liberdade e a xustiza social".
O goberno local traslada o seu apoio e solidariedade á familia de Juan Vidal e á de todas as persoas represaliadas en Arzúa. "Arzúa non pode nin vai permanecer calada ante actos que pretenden sementar o odio e borrar a nosa historia", apuntou.
Ademais, informou de que o Concello actuará "de inmediato" para restaurar a escultura e pór os feitos en coñecemento das autoridades competentes, co obxectivo de que se investigue o sucedido. "Reafirmamos o noso compromiso coa memoria democrática, coa convivencia e cunha Galicia libre de intolerancia e de esquecemento", subliña o goberno local.
Escribe tu comentario