Un cruceiro desviase para deixar na Coruña un tripulante morto

|

O falecemento foi provocado por un accidente laboral a bordo.



O cruceiro Arvia permanece atracado no peirao de transatlánticos do Porto da Coruña, onde arribou sobre as 16.00 horas deste domingo para proceder a evacuar a un tripulante que faleceu a consecuencia dun accidente laboral a bordo.

Segundo informaron a Europa Press fontes do Porto da Coruña, o barco desviou a súa ruta a raíz do suceso e unha vez na Coruña, aproveitou para facer unha escala e que os pasaxeiros puidesen baixar a terra.

Unha vez que esta noite chegue de Reino Unido persoal encargado da investigación deste tipo de accidentes laborais, o cruceiro Arvia retomará a súa ruta.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.