O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro institucional co ata agora delegado do pobo saharauí en Galicia, Mohamed Mehdi, ao que agradeceu o seu traballo e dedicación para "manter vivos" os vínculos de solidariedade entre Galicia e o pobo saharauí.
Na reunión, o representante saharauí despediuse oficialmente do titular do Executivo galego e informouno sobre o nomeamento de Aabidim Bucharaya como novo delegado para Galicia, realizado polo Ministerio de Asuntos Exteriores da República Árabe Saharauí.
Tal e como lembrou a Xunta nunha nota de prensa, grazas ao labor de Cooperación Galega en Sahara e as actividades desenvolvidas coa asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), máis de 7.000 familias galegas de 263 concellos acolleron desde 1991 a máis de 7.600 nenos e nenas que viven nos campamentos de refuxiados saharauís 'Vacacións en Paz'.
Escribe tu comentario