Luís López acusa ao PSOE de “romper a unidade” polo traspaso da AP-9

|

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, acusou ao PSOE de “romper a unidade” que mantiñan PP, BNG e socialistas na defensa do traspaso da titularidade da AP-9 a Galicia. Lamentou que, tras case 500 días de bloqueo da proposición de lei no Congreso, os socialistas “cambiasen de postura”. Segundo explicou, o PSOE rexeitou o traspaso íntegro da vía e propuxo unha cesión parcial de competencias para garantir as bonificacións nas peaxes. “Decatámonos de que o PSOE di unha cousa en Galicia e fai outra en Madrid”, criticou.


López cualificou esta decisión de “erro político de enorme magnitude” e advertiu que “rompe o consenso social e institucional” acadado. Tamén cuestionou o papel dos alcaldes e cargos socialistas da provincia: “Ou consentiron o veto de Madrid ou non teñen forza para defender os intereses de Pontevedra”.
Finalmente, instou ao PSOE a “recapacitar e deixar de actuar con submisión ante Madrid”.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.