O Concello de Santiago leva ao pleno a aprobación provisional da modificación do PXOM no antigo Peleteiro, co obxectivo de priorizar a vivenda protexida sobre o uso hoteleiro. A proposta incrementa a superficie residencial de 4.500 a 16.300 m² e garante que polo menos o 45% da superficie sexa de vivenda protexida.
O concelleiro Iago Lestegás destacou que a modificación busca consolidar o uso residencial como principal no centro e mellorar a calidade urbana coa creación dunha nova praza e accesos amplos. Ademais, as alegacións presentadas permitiron ampliar o retranqueamento dos áticos, mellorando a integración cos edificios contiguos.
O plan tamén persegue protexer o comercio de proximidade e manter o carácter do Ensanche, evitando grandes superficies. A futura empresa pública estatal asegurarase de que a vivenda sexa accesible e non enaxenable.
O pleno analizará tamén o PEID que regula a construción do novo edificio do IDIS na Choupana, nunha parcela de 4.278 m² da Compañía de Xesús, que será incorporada ao dominio público antes da compra polo instituto sanitario.
Escribe tu comentario