Unha muller de 68 anos perdeu a vida este venres tras declararse un incendio nunha vivenda situada na Avenida Benito Galcerán, en Viveiro. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 12:50 horas, cando un particular alertou da presenza de fume nas galerías comerciais da zona.
Os Bombeiros de Viveiro confirmaron que o lume comezou nun piso dunha soa habitación. No interior, atoparon á vítima, que non puido ser reanimada polo persoal sanitario de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Ao operativo tamén acudiron axentes da Policía Nacional e Local, así como efectivos de Protección Civil.
Escribe tu comentario