Alberto Vázquez estrea en cines a súa nova película de animación 'Decorado'

|

O ilustrador e director coruñés Alberto Vázquez (1980), gañador de catro Premios Goya, estrea este venres en cines a súa nova longametraxe de animación, 'Decorado'. A película é a adaptación do seu curtometraxe homónimo que xa lle valeu o Goya en 2017, e mantén a estética inconfundible do autor, combinando ironía, sarcasmo e reflexión existencial.


Ao longo da súa carreira, Vázquez recibiu numerosos recoñecementos, incluíndo o Goya á Mellor Curtametraxe de Animación en 2012 por 'Birdboy', en 2017 por 'Decorado', Mellor Película de Animación por 'Psiconautas' e en 2022 por 'Unicorn Wars'.


A obra do coruñés transcendeu España, obtendo máis de 100 premios internacionais en festivais como Annecy, Chicago, Foyle, Expotoon ou Meliés de prata, consolidando a súa posición como unha das voces máis destacadas da animación contemporánea europea.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.