O salario bruto medio en Galicia supera os 21.700 euros segundo datos do IGE

|

O salario bruto medio en Galicia sitúase en 21.738 euros en Galicia en 2023, un 5,8% máis que o ano anterior, segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres.

Este salario elévase a 27.943 euros anuais no caso dos traballadores por conta allea todo o ano. Para as persoas que só traballaron durante unha parte do ano foi de 10.874 euros.

En 2023, un total de 1.208.325 persoas de máis de 16 anos estiveron en alta laboral coa Seguridade Social nalgún momento do ano, un 1,4% máis que en 2022. O 68,5% das persoas que estiveron en alta laboral traballou todo o ano.

No caso da mediana, é dicir o salario máis frecuente en Galicia, é de 18.577 euros, un 6,6% de aumento respecto ao ano anterior.

A Coruña é a cidade galega con maior salario medio, con 25.468 euros, seguida de Santiago (25.397), Vigo (23.298), Pontevedra (23.296), Ourense (22.420), Ferrol (22.155) e Lugo (21.030 euros).

O salario medio por hora en Galicia situouse en 9,8 euros en 2023, un aumento respecto dos 9,4 euros de 2022. A mediana foi de 7,9 euros.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.