(Vídeo) Aparatoso accidente en Bandeira provoca o corte da N-525

|

A N-525, ao seu paso por Bandeira no municipio pontevedrés de Silleda, está cortada totalmente por unha colisión entre un turismo e un camión. Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse minutos antes das 15.00 horas deste xoves e ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Garda Civil.

Segundo os datos da Dirección General de Tráfico (DGT), o corte da vía prodúcese desde o quilómetro 309.3 ao 309.4 en ambos os sentidos da circulación.

View this post on Instagram

A post shared by Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.