Sanidade apunta a un 85% de particiación en cribados de cancro de mama

|


O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reivindicou que Galicia é unha "referencia a nivel nacional" en materia de cribado de cancro de mama e destacou que no último ano dispoñible a participación nestes cribados alcanzou o 84,6%, "por encima dos estándares nacionais e internacionais marcados pola Unión Europea".

Así mesmo, Gómez Caamaño expuxo que, ao cinco anos de diagnóstico, a supervivencia ao cancro de mama para as mulleres que non participan no programa é do 88,6%, mentres que para as que si participan chega mesmo ata o 97,8%. Tamén detallou que o Programa conta na actualidade con 24 unidades de exploración mamográfica, tres unidades de avaliación radiológica e 14 unidades e diagnóstico e tratamento.

ESPERAS SANIDADE


O conselleiro de Sanidade defendeu que os galegos esperan ata 56,7 días menos para unha operación que a media do conxunto do Estado. Así o destacou nunha resposta a preguntas parlamentarias da oposición sobre as listas de espera nas distintas áreas sanitarias de Galicia.

Segundo trasladou o conselleiro, no primeiro semestre de 2025 o tempo de espera para consulta co especialista "reduciuse en máis de 14 días" con respecto ao mesmo período do ano anterior. Así, insistiu en que os galegos esperan 57,3 días para unha consulta, mentres que no resto de España teñen que esperar 105 días.

Tamén defendeu a transparencia e, tras escoitar as críticas respecto diso das deputadas Iria Carreira (BNG) e Elena Espinosa (PSdeG), Gómez Caamaño replicou: "Sabe navegar en Internet? Aí ten toda a información que necesita".

E é que, anteriormente, a socialista instara ao conselleiro a "deixar de repetir discurso", insistindo en que o Ministerio "non ten listas de espera", senón que "suma e publica as que lles mandan" e "se unha comunidade non as manda non as pode publicar".

Pola súa banda, a deputada do BNG lamentou que "mirar cara a outro lado" mentres segue "afundindo a sanidade pública non é a solución". Neste sentido, lembrou que a Xunta ten as competencias en sanidade, polo que "poden seguir botando a culpa a quen denuncia a situación ou poden dicir que son casos puntuais".

Doutra banda, a conselleira de Política Social, Fabiola García, cuestionou "canto terán que esperar os pacientes dela para recibir as axudas" anunciadas polo Goberno ou "como será finalmente ese partido fantasma aprobado este verán" e da que, engadiu, "nunca se soubo nada".

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.