O BNG advirte ante os proxectos de biogás: "Estaremos detrás de cada pancarta"

|

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, informou de que en Galicia hai oito plantas de biogás autorizadas "en funcionamento" e hai outras oito que está en avaliación ambiental, o cal é "público e transparente", polo que defende que "non hai nada que ocultar".

No pleno do Parlamento galego, José Manuel Golpe (BNG) interpelou ao Goberno galego para denunciar a "carencia clara" dun ordenamento estratéxico para a instalación destas plantas de biogás, sen "regras claras" sobre "como, onde e con que límites pódense implantar".

O deputado nacionalista reclama establecer distancias mínimas entres plantas e núcleos de poboación, así como unha distancia máxima de transporte con criterios ambientais. Pon de exemplo que os produtores de pataca de Xunqueira de Ambía (Ourense) están "nerviosos" por non contar con "nin unha soa norma autonómica que regule" como protexer as súas producións.

Asegura que o Bloque "non ten nada en contra da tecnoloxía do biogás", pero deixa claro: "Estaremos detrás de cada pancarta", di, en contra de "estes atropelos que se están cometendo por parte da industria permitidos pola súa consellería".

O BNG, EN CONTRA DE TODOS OS PROXECTOS INDUSTRIAIS

En resposta, a conselleira de Medio Ambiente defendeu que as avaliacións ambientais fanse con "o máximo rigor técnico", xa que "ten que cumprir estritamente coa lexislación vixente". Móstrase "moi orgullosa" dos técnicos do seu departamento, "a pesar das múltiples persecucións e denuncias".

Vázquez acusa o Bloque de estar en contra de todos os proxectos industriais e de crear unha alarma para facer crer que "non existe ningún tipo de regulación". Censura que cando se anuncia unha planta "aparece unha plataforma", con veciños "hostigados por persoas que teñen nomes e apelidos". "Deixen de perseguir a funcionarios", pediu aos nacionalistas.

Igualmente, a conselleira esixe ao Goberno que estableza un marco común en planificación enerxética, pois "non se fixo absolutamente nada", a través de criterio homoxéneos a nivel administrativo e control.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.