A Xunta permite que os vehículos VTC non leven o contrato de servizos a bordo

|

A Xunta eliminou a obrigatoriedade dos vehículos de transporte con condutor (VTC) deban levar a bordo do propio vehículo unha copia do correspondente contrato ou dispor dos medios que permitan acreditar a súa celebración por medios electrónicos. O Goberno galego introduciu esta modificación a través da Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos da Xunta para o ano 2026.

En concreto, a Xunta cambia un dos apartados do artigo 51 da lei de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia do 2013 referida á contratación do servizo para precisar que "para que produza efectos fronte á Administración, a contratación de servizos de arrendamento de vehículos con condutor deberá formalizarse en soporte papel ou electrónico co contido e requisitos que reglamentariamente se establecen".

Así mesmo, precisa que a durante a prestación do servizo, non será obrigatorio levar a bordo do vehículo unha copia do correspondente contrato ou dispor dos medios que permitan acreditar a súa celebración por medios electrónicos, sempre que a contratación fose comunicada previamente ao comezo do servizo ao Rexistro Estatal de Comunicacións dos Servizos de Arrendamento de Vehículos con Condutor (RVTC).

Ademais, exceptúanse da obrigación de comunicación ao RVTC e da obrigación de levar a bordo o contrato de servizos de carácter regular competencia da Comunidade Autónoma que conten con autorización administrativa específica para a súa prestación, nos termos establecidos pola normativa sectorial que lles sexa sen aplicación.

Tamén se elimina a esixencia de que as empresas titulares de autorizacións de arrendamento de VTC cumprimenten unha folla de ruta por servizo contratado e se contempla como motivo de infracción grave que se careza de contrato, se oculte e ou non se conserve por parte da empresa unha copia durante un ano.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.