Así poderán ser os aloxamentos compartidos que impulsa a Xunta

|

As condicións de habitabilidade dos aloxamentos compartidos que impulsa a Xunta como solución á crise de acceso á vivenda establecen que "se permiten dunha única estancia na que se integren as zonas para estar-comer-cociñar e durmir". Así o explicita o proxecto de lei de medidas administrativas e fiscais do Goberno galego para 2026, a coñecida como lei de acompañamento aos orzamentos.

Segundo recolle Europa Press, este tipo de aloxamento, o de estancia única, deberá ter unha superficie mínima de 26 metros cadrados, aos que sumar --polo menos-- outros 4 metros cadrados correspondentes ao baño. Outra modalidade nestes aloxamentos compartidos que contempla a táboa incluída na lei de acompañamento é a de aloxamento dun dormitorio, que permite unha superficie mínima de 10 metros cadrados a esa habitación, e asigna 5 metros cadrados como mínimo para a cociña.

Hai outras posibilidades: aloxamentos de dous dormitorios con cuartos de 10, oito e seis metros cadrados, todas as combinacións posibles con cociña dun mínimo de seis metros cadrados. Esta e outra información contén a disposición adicional á lei de vivenda que incorpora a lei de medidas, que aclara que estas condicións rexerán "mentres non se determinen de forma regulamentaria as condicións de habitabilidade dos aloxamentos compartidos".

Así, os edificios destinados a aloxamentos compartidos deberán dispor de aloxamentos con diferentes zonas ou un único espazo, pero a zona de aseo deberá constituír unha peza independente. Ademais, terán que ter espazos de uso común, espazos de tránsito, aparcadoiros e poderán ter trasteiro.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.