A Xunta pide "rapidez" ao TSXG para o "desbloqueo eólico": "Levamos meses esperando desde o fallo do TJUE"

|

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, volveu a reclamar "rapidez" ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para o "desbloqueo eólico" e lembrou que levan "meses" esperando desde o último fallo do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE).

Preguntada polos cambios introducidos na lei de medidas fiscais e administrativas que acompañan aos orzamentos da Xunta para 2026 relacionados cos parques eólicos, Lorenzana incidiu en que é "fundamental" para avanzar no despregamento eólico que "se desatasquen por parte do TSXG" as sentenzas que teñen pendentes unha vez que xa están resoltas todas as casacións correspondentes no Tribunal Supremo e que xa hai fallos do TJUE.

"Unha vez que iso estea desatascado poderemos seguir traballando nunha nova capacidade eólica, cun novo plan eólico que está agora mesmo en tramitación", dixo para censurar que haxa "certa lentitude" en examinar o que está pendente por parte do TSXG. Así as cousas, incidiu en que, para facer xustiza, ademais de "sentenzas axustadas a dereito, hai que ter tamén certa rapidez". "Porque hai moitos proxectos agora mesmo que están pendentes", afirmou.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.