Galicia medrará por riba do 1 % ata 2029 mentres o paro se achega ao seu mínimo histórico

|

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou o escenario macroeconómico ata 2029, ano no que a taxa de paro baixará ao 7 %, ademais de prever un crecemento continuo do Produto Interior Bruto (PIB) por enriba do 1 % durante o próximo lustro. De tal forma, o PIB galego crecerá un 2,5 % no conxunto de 2025, unha subida que moderará o seu avance ao 1,9 % en 2026 e que será do 1,2 % tanto en 2027 como 2028 e 2029.

Mentres, Galicia pechará este ano cunha taxa de paro de 8,3 %, a cal irá descendendo progresivamente co paso dos anos: 2026 (7,8 %), 2027 (7,4 %), 2028 (7,2 %), 2029 (7 %). Así mesmo, a taxa de actividade baixará dun 53,3 % en 2025 a un 53 % en 2029. Esta taxa de actividade entre os 16 e os 65 anos subirá do 74,5 % en 2025 ao 75,1 % en 2029.

Por outra banda, o gasto en consumo real irase moderando co ano, desde o 1,1 % de 2025 ao 0,5 % de 2029. Notarase un descenso tanto do consumo dos fogares (dunha alza do 1 % en 2025 ao 0,4 % en 2029) como das administracións (do 1,5 % en 2025 ao 0,7 % en 2029) co paso dos exercicios.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.