A licenza de caza poderase ampliar ata 5 anos para que coincida co período do permiso de armas

|

A Xunta modificou a lei de caza de Galicia na lei de Medidas Fiscais e Administrativas que acompaña aos orzamentos para 2026 para posibilitar a ampliación de ata cinco anos da licenza de caza para que se poida facer coincidir co período do permiso de armas, que tamén é de cinco anos. Así, segundo se recolle no texto, o prazo de validez da licenza de caza poderá ser de cinco anos, dun ano, dun mes ou, no caso das persoas maiores de 65 anos, indefinida. Ata o momento, a normativa permitía un prazo de validez de máximo un ano.

Así mesmo, a coñecida como lei de acompañamento tamén modifica un artigo da lei de caza de Galicia en relación coas prohibicións, en concreto, prohíbese cazar nos períodos de vedas que se establezan na correspondente disposición de períodos hábiles, así como estar en posesión de pezas de caza vivas ou mortas ou das súas híbridos cuxa procedencia non poida xustificarse. Nesta liña, cambia unha parte doutro articulo sobre as infraccións, sancionando estar en posesión de pezas de caza vivas ou mortas ou dos seus híbridos cuxa procedencia non poida xustificarse, sen excepción de que se atopen en períodos de vedas.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.