O anticipo dos pagos da PAC a gandeiros e agricultores será abonado na última semana de outubro

|

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, vai executar na última semana deste mes de outubro o anticipo dos pagos da Política Agraria Común (PAC) referidos á solicitude única de 2025, que ascenden a un total de 43,9 millóns de euros. Esta contía será distribuída da seguinte maneira: 10,3 millóns para vacún de carne e 22,6 millóns para o vacún de leite, o que supón o 70 % do previsto para ambas as liñas de apoio.

Así se traslada dun informe elevado este luns ao Consello da Xunta. Este pago supón o maior importe dos últimos anos neste mes, segundo informa a Xunta. En 2024 pagáronse 43 millóns de euros; en 2023 pouco máis de dous millóns e en outubro de 2022 non se pagou nada, abonouse en novembro, remarcan desde a Administración galega que incide que o resto dos pagos comezará a abonarse a partir do 1 de decembro, de maneira que na primeira quincena dese mes pagarase ata o 90 % do orzamento total. Os pagos continuarán durante 2026 ata o 30 de xuño.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.