A ata agora deputada do PPdeG no Parlamento de Galicia María Deza, primeira tenente de alcalde e concelleira de Planificación Urbanística e Vivenda de Sanxenxo durante os últimos 14 anos, dirixirá a Axencia Galega de Infraestruturas tras cesar Francisco Menéndez.
O cesamento anunciouno o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na comparecencia de prensa posterior ao Consello da Xunta, na que explicou que se produce "a petición propia" e "tras once anos no cargo". "Agradecemos especialmente o seu traballo e desexámoslle toda a forte do mundo no seu futuro laboral".
"Sorte" que desexou tamén á súa substituta, María Deza, licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo e quen ata agora era concelleira no Concello, ademais de parlamentaria no Pazo do Hórreo. A previsión, se corre a lista por Pontevedra, é que volva sentar no hemiciclo galego Moisés Rodríguez.
Este mesmo luns, Deza despediuse emocionada do Concello de Sanxenxo, onde admitiu que se trata dun día "moi complicado" para ela. "Sinto medo polo descoñecido, ilusión polo desafío, tristeza pola despedida e gratitude polo recibido", trasladou.
"UNHA VALEDORA MÁIS DE SANXENXO"
Pola súa banda, o rexedor, Telmo Martín, chanceou con que el "será un dos primeiros alcaldes aos que a nova responsable de Infraestruturas reciba en Santiago". "Con María temos unha valedora máis de Sanxenxo na Xunta e é un orgullo que unha persoa do meu equipo, a miña man dereita, sexa elixida para este cargo. Sei que vas deixar o pavillón moi alto. Isto é un ata logo e grazas polo traballo feito", resolveu.
POLÉMICA
A xa ex edil comezou a súa vida política en Sanxenxo salpicada pola polémica ao sinalar en 2014, nun pleno extraordinario e dirixíndose á oposición, literalmente "antes, en época de Franco, pola súa maneira de falar vostedes estarían no calabozo esperando a pena de morte".
Unhas verbas polas que, o coordinador de Compromiso por Galicia dalquel momento, e polas que pediu a súa dimisión "e inmediato", porque xustificar a violencia e represión franquista nunha corporación democrática, "non se pode consentir".
Escribe tu comentario