Investigada unha muller de 84 anos por tirar dous michiños a un colector do lixo

|

A Garda Civil investiga a unha veciña de Cangas, de 84 anos, como presunta autora dun delito de abandono e malos tratos animais, por desfacerse, supostamente, de dous cachorros de gato ao guindalos a un colector de lixo.

Segundo informaron fontes da Comandancia de Pontevedra, a investigación iniciouse en maio pasado, cando un veciño alertou ao SEPRONA tras escoitar miaños procedentes do interior dun colector. Cando chegaron os axentes, localizaron dous cachorros no interior dunha bolsa de plástico, un deles xa falecido. Os animais foron trasladados a un centro veterinario para o seu recoñecemento.

Coa colaboración da Protectora de Animais do Morrazo, a Garda Civil puido localizar á gata que presuntamente parira aos cachorros e, tras estudar os perfís xenéticos, puido confirmarse a relación. A Garda Civil localizou á dona da gata e procedeuse a investigala por un suposto delito de abandono e malos tratos animais. As dilixencias foron remitidas ao xulgado de garda de Cangas.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.