Morre un motorista tras caer á ría de Pontevedra

|

Un motorista faleceu este luns en Pontevedra tras sufrir un accidente e caer á ría. Segundo informou o 112, a primeira alerta do suceso produciuse pouco antes das 5.00 horas mediante unha chamada ao servizo dun condutor que circulaba pola PO-11, en Pontevedra, sentido Marín. Alertaba dunha moto sinistrada entre o carril dereito da autoestrada e a beirarrúa, pero non podía ver ao condutor.

Así, deuse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e Policía Local, que, pouco despois, atoparon ao motorista na ría. Preparouse un rescate no que tiveron que intervir os Bombeiros de Pontevedra, ademais de solicitarse a colaboración de Salvamento Marítimo. Con todo, os efectivos do parque municipal foron capaces de recuperar o cadáver por si sós.

Tal e como informou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, descoñécense aínda as causas do sinistro pero o home perdeu a trazada e botouse, durante case 100 metros, contra a barreira, acabando na ría.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.