Galicia rexistra máis de 30 accidentes de tráfico na tarde do domingo, con saídas de vías e 'aquaplaning'

|

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) rexistrou entre as 13.00 e 19.00 horas do domingo un total de 34 sinistros, dos cales en 20 foi necesaria asistencia sanitaria para algunhas das persoas implicadas. Ademais, varios deles producíronse en vías de alta capacidade.

Entre os incidentes recolleitos polo 112 Galicia, unha muller resultou ferida tras saírse dunha vía no quilómetro 7 da AP-9, ao seu paso polo Amorne (Cambre), cara ás 16.30 horas. Interviñeron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autoestrada.

Tamén na AP-9, minutos antes das 15.00 horas, produciuse un accidente por alcance no quilómetro 159B, en Cabral (Vigo), que deixou unha persoa ferida, aínda que de carácter leve.

Pola súa banda, preto das 14.00 horas, dúas saídas de vía consecutivas ocorreron no quilómetro 281 da A-52, ao seu paso pola Cañiza. Os particulares que alertaron ao 112 Galicia explicaron que se formou unha bolsa de auga na calzada e que varios vehículos sufriran 'aquaplaning'. Neste caso, tamén foi necesaria a intervención dos servizos sanitiarios, do GES-SPEIS de Ponteareas, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da autovía.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.